EIRA (Equipo de Investigación Educativa) nace como froito da colaboración entre diversos profesionais do ensino que comparten a preocupación por analizar, comprender e mellorar as prácticas educativas e os contextos institucionais nos que se diseñan, implementan e avalían.
Está formado por asesores e docentes dos distintos niveis do sistema educativo, que traballan en diversos ámbitos de especialización o que contribúe a enriquecer as perspectivas de estudio e a potenciar a difusión dos achádegos.
Entendemos que aunando esforzos, compartindo recursos e fomentando o diálogo profesional, estaremos en mellores condicións de asumir os desafíos que suscita a investigación educativa e de ofrecer respostas fundamentadas as problemáticas actuais.
Baixo o nome de EIRA queremos representar a idea dun equipo plural, aberto, acolledor e comunicativo, comprometido coa innovación docente e a renovación do ensino.
|
|